O PXOM de Redondela comeza a materializarse coa elaboración do borrador

Reunión de traballo da Comisión de Seguimento do PXOM de Redondela Reunión de traballo da Comisión de Seguimento do PXOM de Redondela

O Plan Xeral de Ordenación Municipal vén de entrar na fase de elaboración do borrador que, segundo o Concello redondelán, será presentado a comezos do vindeiro ano. O equipo redactor, logo de presentar ao Concello a nova cartografía de todo o muncipio, formulou unha metodoloxía que "distribue a extensión do municipio en partes para poder abordalo de maneira máis práctica".

Dada a importancia deste documento, o Concello de Redondela constituiu unha Comisión de Seguemento –integrada polos grupos políticos, técnicos do Concello e equipo redactor– na que se lles trasladará "toda a información e os avances que se vaian producindo neste documento urbanístico", sinala o Goberno redondelán.

Nesta esta reunión desenvolveu unha reunión de traballo na que se lle trasladou o traballo –feito nunha primeira fase– que recolle a parroquia de Chapela e os servizos viarios de todo o municipio.

A elaboración dun Plan Xeral xira entorno a 3 grandes elementos como son os servizos viarios, equipamentos públicos e zonas verdes e clasificación e categorización de solo.

A comisión de seguemento reunirase novamente no mes de decembro para estudar o traballo levado a cabo noutras zonas de Redondela e convocarase polo menos otra nova reunión antes da presentación do borrador.

Un PXOM “é un documento moi extenso e de gran importancia para todos os veciños e veciñas –explica a concelleira de Urbanismo, Carmen Amoedo– polo que dende o Goberno pensamos que é moi importante ir todos da man neste proceso de elaboración, trasladando a todos os grupos os avances que se están levando a cabo para que todos coñezan a situación en tempo real”.

Carmen Amoedo non dubidou en sinalar que “reunirémosnos as veces que faga falta para aprobar un documento de consenso”.