A Asociación de Empresarios de Redondela organiza unha nova «Feira Anual de Oportunidades»

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de presentar unha nova edición da «Feira Anual de Oportunidades» ─a sétima─ que se celebrará o sábado 16 e o domingo 17 de setembro. A Alameda redondelá converterase nun extraordinario escaparate onde o comercio local liquidará toda a mercadoría das pasadas campañas.

Por unha banda, esta formula permite ao comerciante renovar totalmente a súa mercadoría e presentar ano a ano novas temporada totalmente renovadas e, por outra banda, a clientela pode acceder ás mellores marcas e produtos aos mellores prezos. Os prezos outlet so estarán dispoñibles durante o sábado e domingo nunha oportunidade única para adquirir as últimas existencias da tempada.

feira oportunidades redondela 04

Nesta edición a limitacións de stands obrigou a restrinxir o número de participantes e serán 43 os establecementos con presencia na Feira, noutras edicións se tiñan superado o medio centenar de participantes. Moda, complementos e calzado representan o 60% dos postos da feira pero a variedade de produtos que nos podemos atopar é moi importante. Por primeira vez contarase con vehículos de ocasión na feira e se incorporan novas actividades con innovadores produtos no eido da eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías. Fogar, decoración, agasallos, xardinería e incuso viaxes son algúns dos produtos que poderemos atopar nesta feira que o comercio vive como a o seu particular encontro anual no que queren por en valor o papel que o pequeno comercio xoga nas pequenas vilas e cidades.

A feira este ano presentará novidades en canto as actividades complementarias que se desenvolven durante a Feira: actuacións musicais en directo, zonas de degustación, xogos, talleres e moitas actividades que permitirán que as compras se transformen nunha alternativa de ocio para a clientela de todas as idades.