Redondela oferta cursos gratuítos de informática para maiores de 16 anos

O Concello de Redondela, a través do departamento de Novas Tecnoloxías que xestiona Julio Mougán, vén de convocar unha serie de cursos gratuítos de informática que se desenvolverán nas dúas aulas CeMIT con que conta Redondela ─Redondela e Chapela─. Os cursos, dirixidos a maiores de 16 anos e que se desenvolverán entre o 11 de setembro e o 14 de decembro de 2017, teñen xa aberto o prazo de inscrición.

A actividade formativa está distribuída en tres grandes grupos, ofertando cada un deles unha serie de cursos específicos.

Alfabetización informática e actividades dixitais básicas
Iniciación á informática e internet para adultos, cunha duración de 24 horas lectivas impartíndose en Redondela e Chapela a razón de dúas horas diarias durante un total de 12 días nos meses de setembro e outubro.

Informática e internet para adultos, tamén de 24 horas lectivas a razón de dúas horas diarias durante 12 días. Este curso tamén se impartirá nos meses de setembro e outubro nas dúas Aulas CeMIT de Chapela e Redondela.

Mecanografía. Curso de 24 horas que se impartirá so na aula de Redondela nos meses de outubro e novembro a razón de dúas horas diarias durante 12 días.

Informática e Internet para maiores de 60. Na aula de Redondela durante os meses de outubro e novembro. O curso tamén é de 24 horas con duas horas diarias durante 12 días.

Contabilidade financeira. Curso que se impartirá na aula CeMIT de Redondela no mes de novembro. Ten 14 horas lectivas a razón de dúas horas durante 7 días.

Windows 7. Curso intensivo de 16 horas que se desenvolverá a razón de catro horas diarias en 4 días. Terá lugar tanto en Chapela como en Redondela durante o mes de novembro.

Procura de empredo e TIC's
Deseño de Curriculums e cartas de presentación. Iniciativa de catro horas de duración a desenvolver nunha única xornada na aula de Redondela. Dada a demanda desta iniciativa, desenvolveránde dúas edicións, unha no mes de setembro e outra máis no mes de decembro.

Procura de emprego en internet. Curso de catro horas, tamén con dúas edicións en setembro e decembro, que se desenvolverá durante 4 horas nun só día na aula CeMIT de Redondela.

APPs para a procura de emprego. Curso de 4 horas a desenvolverse nun só día na aula de Redondela e durante o mes de decembro.

Formación dirixida prioritariamente a entidades sen ánimo de lucro: asociacións, ONG...
PhotoShop Básico. Curso de 22.5 horas a razón de catro horas e media diarias durante 5 días. Se impartirá en Redondela no mes de setembro.

Edición de video con MovieMaker. Actividade de 12 horas que se desenvolverá durante 4 días a razón de tres horas diarias en Redondela e Chapela nos meses de outubro e novembro.

Presentacións de alto impacto con Prezi. Cursiño de 6 horas e dous días de duración que se desenvolverá nas aulas de Redondela e Chapela, en dúas edicións, unha en outubro e outra en novembro.

Redes Sociais para uso persoal. Curso de catro horas e dous días de duración a razón de dúas horas diarias no mes de novembro nas aulas de Chapela e Redondela.

A documentación necesaria para formalizar a matrícula será: fotocopia do DNI e certificado de empadroamento. A entrega da matrícula farase nos Rexistros Municipais habilitados (Redondela e Chapela) ata dous días antes de comezar cada curso, tendo reserva de prazas para usuarios dos Servizos Sociais municipais.

As prazas serán concedidas por orde de entrada de solicitudes de inscrición. No caso de ter mais solicitudes que prazas nalgún dos cursos, o límite de presentación de instancias pecharase 3 días antes de iniciar o curso, e 2 días antes realizaráse un sorteo público das prazas na Casa do Concello (publicarase na web con antelación a hora do mesmo). Sempre terá preferencia na adxudicación das prazas a xente empadroada en Redondela. Chamaráse ás persoas con praza concedida antes de comezar cada curso.

Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Departamento de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, no segundo andar do Multiusos da Xunqueira ou tamén no teléfono 986 400 366. As instancias poden atoparse na páxina web do concello de Redondela