Redondela abre a inscrición para o curso de alfabetización eEducación Secundaria para adultos

A Concellería de Benestar do Concello de Redondela abre dende hoxe, 1 de setembro, o prazo de inscrición para o Curso Alfabetización e Educación Secundaria de Adultos. Con esta actividade se lle da formación ás persoas de Redondela que abandoaron os seus estudos por diferentes motivos e hoxe queren retomalos.

Tamén se forma ás persoas que se queiran presentar aos exames oficiais para obter o título de Educación Secundaria de Adultos (ESA). A ficha de inscrición atópase na páxina web do concello ou nas oficinas de Servizos Sociais do Concello no teléfono 986 402 608.