Redondela mellora o vial do Cubillón, en Chapela

A concelleira de Vías e Obras, María José Barciela e a tenente de alcalde, Carmen Amoedo, nas obras que se desenvolven no Cubillón A concelleira de Vías e Obras, María José Barciela e a tenente de alcalde, Carmen Amoedo, nas obras que se desenvolven no Cubillón

O Concello de Redondela, a través do departamento de Vias e Obras que dirixe María José Barciela Barros, está a levar a cabo esta semana traballos no vial do Cubillón na parroquia de Chapela, de cara a mellorar a seguridade do mesmo.

Os traballos consistiron na retirada de gran cantidade de terra do talud para consiguir así ampliar o vial. Esta parte de terreo será asfaltada e recolleranse as augas pluviais para evitar continuos problemas de asolagamentos pola auga que discorría pola estrada.

Con estes traballos de ampliación do ancho da estrada, permitirán que sexa moito máis segura tanto para os peóns como para os vehículos que circulan pola zona.