As alfombras florais de Redondela lucirán esta semana na Praza do Obradoiro

Un grupo de alfombristas do Concello de Redondela participarán esta fin de semana no evento «Alfombras en el camino de Santiago, arte efímero para la paz del mundo» que se celebra na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Este evento está organizado por Turismo de Calicia en colaboración coa Comisión Internacional de Alfombristas de Arte Efímero, a Coordinadora de Alfobristas Galegos e a Federación Catalana Catifaires.

s alfombristas elaborarán unha alfombra floral na Praza do Obradoiro onde representarán símbolos da nosa vila. Os traballos de elaboración se realizarán o sábado pola tarde e o domingo á alfombra lucirá nesta emblemática praza.

Os veciños e veciñas interesados en acudir o domingo para ver o traballo feito polos alfombristas redondeláns e as das outras localidades, poden participar dunha excursión que vén de organizarse con autobús e xantar incluídos. Para mais información poden chamar ao 986 125 438.