AER critica o atraso nas axudas a entidades sociais e culturais

A Agrupación de Electores de Redondela vén de criticar o atraso na concesión de axudas a entidades sociais e culturais do municipio, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra os pasados días 9 e 10 de agosto, a pesar de que no Plano do 2 de marzo, aprobábase por unanimidade “que as axudas de Cultura e Participación Cidadá convóquense nos primeiro meses do ano”.

A publicación das bases nos primeiros meses do ano permitiría, segundo AER, que asociacións e colectivos coñezan “os recursos cos que van a contar para programas as súas actividades”.

Os días 9 e 10 de agosto publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases das axudas do Concello de Redondela para actividades culturais e máis para actividades de promoción da muller e a igualdade. Porén, aínda quedan diversas bases por publicarse, tales como as de axudas a festas, a festivais e as de actividades de participación cidadá.

Para AER algo tan sinxelo como comezar a traballar nas bases no último trimestre de cada ano para facelas efectivas no primeiro trimestre do ano seguinte, “demóstrase imposible” para o Goberno redondelán.
Recoñece AER que as bases para actividades culturais “pasan de publicarse no mes de novembro, tal como acontecera o ano pasado, a publicarse no mes de agosto” pero lamenta que aínda non se saiba nada sobre as bases de festivais, festas e participación cidadá”.

A Agrupación de Electores de Redondela quere lembrarlle novamente ao goberno local que non se pode gobernar un concello de 30.000 habitantes “sen unha boa organización interna, maximizando a eficiencia nos procesos burocráticos”.