Auga quente por biomasa no pavillón de Chapela

O Pavillón de Chapela contará con auga quente subministrada por unha caldeira de biomasa.

A instalación desta caldeira pódese realizar grazas a unha subvención de 13.500 € concedida polo Instituto Enerxético de Galicia dentro da liña de axuda para proxectos dinamixadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa.

Dende a Concelleria de Medio Ambiente do Concello de Redondela solicitouse, este ano, unha nova subvención dentro de proceso de renovación e mellora en eficiencia enerxética das instalacións municipais polo que en breve se procederá a contratación dunha caldeira no Pavillón de Chapela para a producción de auga quente sanitaria

A instalación será financiada conxuntamente polo concello de Redondela e polo Instituto Galego Enerxético de Galicia dependente da Consellería de Economía e Industria despois de que se solicitase unha subvención en febreiro deste ano, axusa que foi aprobada nestas últimas datas.

O importe da inversión ascende a 33.905 €, con esta instalación trátase obter un aforro enérxetico como xa se levou a cabo en outros edificios municipais como é o caso da Piscina Municipal o campo de Santa Mariña ou o Colexio Público de Cedeira.