Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

As xornadas celebraranse o vindeiro día 14 en Redondela, no Multiúsos da Xunqueira ás 20 horas e o venres día 15 tamén as 20 horas, auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego, en Chapela. As charlas serán impartidas por profesionais pertencentes ao Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.