Digna Rivas reúnese con entidades da área de Benestar Social en Redondela

A candidata a alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, mantivo esta pasada semana unha reunión coas asociacións que desenvolven o seu labor na área de Benestar Social no municipio redondelá. A xuntanza, que se desenvolveu na sede do PSdeG-Redondela, tiña como obxectivo realizar un análise dos principais problemas que afectan a esta área, darlles a coñecer algunhas das liñas mestras de actuación dos socialistas en materia de Benestar Social dos e, sobre todo, escoitar as súas achegas de cara á súa posterior incorporación no programa de Goberno.

Nesta primeira xuntanza, a Digna Rivas reuniuse con representantes de Lenda, Andaina, ASEARPO, Asociación contra o cancro, ONG da Man e Cáritas, entidades que desenvolven o seu labor social no concello de Redondela.
A candidata socialista cualificou a reunión de traballo como “de moito proveito” xa que, afirmou, “permítenos coñecer polo miúdo a realidade destas entidades, os problemas aos que se enfrontan acotío e os medios de que dispoñen para desenvolver unha labor social de primeira orde”.

Rivas subliñou que “a atención as persoas e aos colectivos máis vulnerables foi, dende sempre, unha das prioridades do proxecto socialista” e nese senso gabou o labor de “estas entidades que constitúen un piar básico á hora de atender as necesidades básicas das familias e persoas máis desprotexidas”. As entidades, engadiu Digna Rivas, “teñen que ser colaboradoras activas pero, en ningún caso o Concello pode desentenderse e cargar sobre elas toda a responsabilidade da atención as persoas”.

A candidata do PSdeG-Redondela asegurou que tomarán boa nota “das moitas e moi interesantes achegas que fixeron as entidades presentes na xuntanza”. “Mellorar os servizos sociais e traballar para que Redondela sexa un municipio cohesionado, integrador e socialmente xusto, é un dos nosos principais obxectivos e será unha das liñas básicas do noso programa de Goberno”