As unitarias de Redondela, un exemplo na reciclaxe

Nenas e nenos da unitaria de Ventosela recibiron un merecido premio ao traballo realizado. A concienciación medioambiental comeza polos máis cativos Nenas e nenos da unitaria de Ventosela recibiron un merecido premio ao traballo realizado. A concienciación medioambiental comeza polos máis cativos

A Concelleria de Medio Ambiente do Concello de Redondela entregou os diplomas e premios  á escola unitaria de Cesantes e á escola unitaria de Ventosela ao ser os dous centros educativos que máis aceite lograron reunir, de entre todos os centros de Redondela, en proporción  ao número de alumnos.

reciclaxe escolar cesantes

Alumnos e alumnas da unitaria de Cesantes cos seus agasallos

Ambos os colexios recibiron de mans do concelleiro de medio ambiente, Miguel Ángel Álvarez, un Diploma acreditativo e como recoñecemento á súa colaboración nesta actividade para evitar que os aceites domésticos tírense polos sumidoiros e vaian parar aos depuradora, os ríos, mares e así evitar a contaminación das augas.

Tamén se entregou a cada centro unha papeleira tricolor para que os nenos cogan o hábito da reciclaxe. A cada neno e nena entregóuselle unha bolsa de tea cun libro da auga , froito do traballo realizado nos plenos infantís e outros detalles relacionados con estas actividades ambientais que levan a cabo desde está concellería co obxecto de educar, concienciar e crear bos costumes polo ben dun mundo máis habitable.