O sector da pesca do racú galego reúnese coa eurodiputada do BNG, Ana Miranda

A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, na reunión que mantivo en Redondela cos representantes do racú galego A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, na reunión que mantivo en Redondela cos representantes do racú galego

O local do BNG de Redondella acolleu nesta semana, a reunión entre representantes da pesca do racú coa eurodiputada Ana Miranda, a quen lle expuxeron os problemas cos que se atopa esta flota que conta con máis de 25 barcos e 100 tripulantes. Trátase de embarcacións menores de 12 metros de eslora que traballan coa arte do cerco e son consideradas, pola Consellería, como tales, aínda que ao entender dos seus profesionais “son outra cousa, debido o seu menor tamaño e polo tanto con moita menor capacidade pesqueira”.

O certo é que dende o ano 2011, moitas delas están obrigadas a traballar por fora dos anexos II, lonxe do abrigo das rías, dende o 1 de maio ata o 30 de setembro. Isto fai que con mal tempo sexa moi perigoso saír a faenar, comentan “Nos non podemos saír a pescar onde o fan as embarcacións de cerco, pois os nosos barcos son de menor tamaño e cando fai mal tempo temos que amarrar a porto. Sentímonos totalmente abandonados” comenta un dos afectados.

Tamén cuestionan que no reparto de cotas, estas embarcacións estean no mesmo plan de xestión que as embarcacións de cerco, xa que cando se esgota a cota asignada, “o cerco pode desprazarse a realizar outras pesqueiras, incluso noutras comunidades e nos non” apuntan polo que amosan o seu convencemento de que “é preciso que as embarcacións de racú conten con cotas especificas para eles, o igual que as teñen o cerco e o xeito.

Pola súa banda a eurodeputada Ana Miranda, recolleu todas estas demandas e animou a estes “a organizarse e facer vales os seu dereitos”, proposta que foi recollida polos presentes que anunciaron a súa intención de constituírse como Asociación.

Tamén a eurodeputada deu a coñecer os presentes o contido do tratado que se está a preparar Bruxelas sobre a pesca —Sistema de reparto, descartes, fondos etc— así como as alegacións que o BNG vai presentar o mesmo.

Lamentou a Miranda “a nula defensa” que da flota de baixura está a realizar o Goberno da Xunta de Galiza e lembra que no ano 2009 cando Rosa Quíntana, tomou posesión como Conselleira do mar, “había mais de 5.000 embarcacións de baixura. Hoxe quedan pouco mais de 4.000”.

Un dos representantes dos armadores e veciño de Redondela, Joaquin Rivas, criticou que “nun concello tan vinculado a pesca como Redondela, non exista na practica unha Concellería do Mar, como si existe en concellos veciños como Moaña ou Baiona”. Iso sen dúbida amosa, afirma Rivas, “o nulo interese do Goberno local por un dos sectores económicos mais importantes do noso concello”.

Pola súa banda o responsable local do BNG, Anxo Lusquiños, comprometeuse que “no novo goberno” que sairá das vindeiras eleccións, o BNG vai impulsar a creación dunha concellería “que realmente traballe man a man co sector pesqueiro e marisqueiro do noso concello e onde cuestións coma estas, poidan ser recollidas e trasladadas a administración competente”.