O PSdeG-Redondela denuncia a falta de limpeza nos ríos de Redondela

Moitos veciños e veciñas trasladaron as súas queixas ao PSdeG-Redondela por mor da falta de limpeza nos ríos de Redondela. Pese a existir unhas queixas xeralizadas ao Goberno Municipal do PP de Redondela, a veciñanza resalta varias zonas: a contorna do Río Pexegueiro ao seu paso pola zona de equipamentos deportivos e na Estrada Campo de Fútbol, ao igual que a zona do paseo Maceiras e o montículo de sedimentos máis maleza no Río Alvedosa detrás dos xulgados.

Para os socialistas “a falta de mantemento do medio por parte do Goberno Municipal do PP é evidente, existen tramos de río onde parece inexistente este debido ao lixo, malexa e sedimentos. O mantemento do río ten que ser constante e non cando este desborde. Isto último pódese comprobar coa cantidade económica investida tras o último desborde do río e non antes” por outro lado “os populares deberían esixir máis inversións a Augas de Galicia no noso Concello xa que estas son mínimas ou puntuais cando pagamos o canon da auga como todos os concellos”.