Redondela organiza o «Samain Infantil» en Chapela e Redondela

O Concello de Redondela vén de organizar, para o día 31 de outubro, diferentes actividades infantís con motivo do Samain. Estas actividades celebraránse en Redondela e Chapela e consistirán na decoración de cabazas, cociña terrorífica e maquillaxe terrorífica.

En Chapela terán lugar na alameda en horario de 18:00 horas a 20:00 horas. En Redondela celebrarase na Casa da Torre de 17:30 h a 19:30 horas e a continuación haberá unha xincana polo casco antigo. Para participar na xincana haberá que inscribirse entre os días 8 e 19 de outubro no Rexistro do Concello. Na xincana os nenos e nenas menores de 8 anos deberán ir acompañados dun adulto.