Redondela contrata a 10 persoas perceptoras da RISGA

O Concello de Redondela vén de contratar a 10 persoas preceptoras da RISGA logo de que a Xunta de Galicia veña de conceder ao Concello redondela´n unha subvención de 99.430,17 euros. As contratacións serán por un período de 7 meses e cunha xornada laboral do 75%.

Segundo sinalou o Goberno redondelán, as persoas contratadas reforzarán aos servizos municipais xa que se xeneran 3 postos de albanel e 7 peóns de limpeza.

Dende o Servizo Público de Emprego remitiron ao Concello de Redondela a listaxe de posibles beneficiarios e beneficiarias destes postos de traballo e, tralo correspondente proceso de selección, xa comezaron a traballar esta semana. Estes traballadores e traballadorasrematarán en abril do 2019 o seu período de contratación.