Redondela instala novos aparellos no parque biosaudable de Cesantes

O Concello de Redondela instalou, nesta semana, os aparellos dun novo parque biosaudable na Praia de Cesantes unha vez retirados, hai xa uns meses, os aparatos anteriores que se atopaban deteirorados. O novo parque instalado no paseo consta de sete elementos de alta calidade xa que se sustitúen os de aceiro galbanizado polos actuais de aceiro inoxidable o que conleva maior durabilidade.

biosaudables cesantes 02

O que os novos elementos estean realizados en aceiro inoxidable permiten unha maior lonxevidade ao tratarse dun material que se comporta mellor no ambiente marino ao que está exposto nesta zona. Estes sete elementos instalados permiten realizar exercicios de ximnasia que benefician distintas partes do corpo pudendo simultanearse 12 usuarios á vez xa que algúns deles son dobres.

Para a súa instalación foi necesaria a autorización do Servizo de Costas. O importe da inversión ascende a 12.000 euros.