Redondela leva o saneamento á estrada de Padrón, en Saxamonde

O Concello de Redondela ven de contratar a obra de ampliación da rede de saneamento na estrada de Padrón na parroquia de Saxamonde. Con esta obra execútase unha nova red de colectores de saneamento nesta parroquia que se une á inversión realizada o pasado ano na estrada n-550 ao seu paso por Saxamonde, que deu acceso a este servizo a 40 vivendas cunha inversión de 174.000 euros. Neste caso o importe do proxecto ascende a 62.000 euros e dotarase de saneamento a una decena de viviendas.

A totalidade da rede de saneamento será separativa e discurrirá por gravedade. Colocaránse pozos de rexistro de 1 metro de diámetro e o proxecto, segundo sinala o Concello, reviste unha gran complexidade debido ás cotas que fan necesario, para o seu funcionamento, a instalación dun sistema de impulsión ou bombeo que inclúe un pozo de formigón de 2,3 metros que albergará as bombas sumerxibles.

Trátase dun proxecto que por outra banda precisa de autorizacións, como a de Augas de Galicia e a de Patrimonio, xa que a obra atópase nun tramo do Camiño de Santiago.