Carmen Amoedo denuncia que a Deputación bloquea varias obras en Redondela

A tenente de alcalde do Concello de Redondela, María del Carmen Amoedo, denunciou o que cualifica de "intento de boicotear a accion do Goberno" por parte da Deputación de Pontevedra ao paralizar obras do Plan Concellos 2018 do "que permanecen sin recibir ás resolucións das obras solicitadas dende hai mais de 5 meses". Segundo Amoedo, "o Concello non pode inicar os procedementos de contratación ata recibir as resolucións da deputación polo que a este ritmo as obras se demorarán meses".

A tenente de alcalde de Redondela salienta que "a maioría dos proxectos coa solicitude foron enviados o 23 de marzo e outros o 4 de abril creemos que é tempo mais que suficiente para revisalos". Sorprende, di Amoedo, "que  nin sequera se resolveron os suministros que son simples compras sen proxecto para revisar, como pode ser o caucho para os campos de futbol ou as canastas para a pista de baloncesto da Alameda".

Entre as obras pendentes, o Concello sinala a renovación, saneamento e abastecemento da rúa Patrimonio de Chapela; asfaltados e acondicionamento dos camiños de San Pote e Arango en Cedeira, reparación de patoloxías da piscina en chapela, as cortinas para o pavillón da marisma, megafonía para os pavillóns municipais e o piano de cola para o multiúsos da Xunqueira.