«Érguete» e Concello de Redondela impartirán unha charla a hostaleiros e encargados de supermercados

O Concello de Redondela, dentro da campaña de concienciación de hábitos saudables enfocado ao Entroido de Verán, impartirá da man de «Érguete». A iniciativa, que se desenvolve baixo o título de «Ti decides a quen serves» terá lugar este xoves ás día 9 ás 10:00 horas na Casa da Cultura. Está fundamentalmente dirixida a hosteleiros e encargados e encargadas de Supermercados para evitar a venta de alcohol a menores e o botellón. A charla correrá a cargo de Noa Pereiro López, psicóloga especialista en Prevención de Condutas Adictivas.

Esta é unha mais das iniciativas que se están a levar a cabo dende o Concello de cara a formentar os hábitos saudables. Doutra banda, esta asociación tamén terá o seu propio oco o día do Entroido de Verán, xa que contará cun espazo no que se desenvolverán actividades como un obradoiro de realización cócteles sen alcohol ou talleres de baile.