Redondela licita a reforma integral do Parque do Salgueiral

O Concello de Redondela vén de abrir o prazo de presentación de ofertas para a reforma integral do Parque do Salgueiral. O prazo de presentación de ditas ofertas estará aberto ata o vindeiro 17 de agosto. A reforma inclúe a renovación dos aparatos e do firme.

Polo tanto, os traballos consisten na retirada dos elementos que se atopan deteriorados e a instalación de novos aparellos entre os que destacan unha tirolina de máis de 20 metros, miniexcavadoras deaceiro inoxidable, unha randeeira de percha dobre e a substitución da superficie de area por céspede artificial, deixando dó unha parte de areeiro.

Os traballos para a reforma deste parque contan cun orzamento de 58.000 euros que será cofinanciado entre o Concello e a Xunta de Galicia que condece unha subvención de 35.000 euros.