O programa de conciliación de Redondela, despídese cun festival

O Concello de Redondela vén de rematar o programa de conciliación no que participaron preto de 300 nenos e nenas de idades entre 4 e 14 anos nas once parroquias. Neste mes traballáronse diversas temáticas e dedicouse parte das actividades a fomentar o aforro de auga e temas medioambientais de ciudado no planeta. Unha actividade novedosa este ano, segundo sinala o Concello redondelán, foi  incluir a lingua de signos para todos os nenos impartido por XOGA.

A aprendizaxe puidose plasmar posteriormente nas actuacións do festival, xa que varias das cancións interpretáronse tamén en lingua de signos. Un ano mais este programa "volta a ser un éxito xa que se cubren todas as prazas debido á amplitude de horario xa que abarca de 9 a 14 horas e con actividades variadas xa que unha hora da xornada adícase a repaso escolar e o resto a xogos, actividades e manualidades" apunta o Concello.