Redondela inicia as obras no Camiño Outeiro, na parroquia de Reboreda

O alcalde de Redondela, Javier Bas acompañado polas concelleiras María José Barciela e Carmen Amoedo, visitaron as obras de ampliación da calzada que se están a desenvolver no Camiño Outeiro, no barrio Anselle de Arriba, na parroquia de Reboreda. Os traballos contemplan a desmontaxe de varios muros lindantes co camiño e a construción dos mesmos cumplindo co retranqueo necesario para dotar ao camiño dun ancho suficiente para o paso seguro de dous vehículos.

obras caminho outeiro 02

Actualmente, a anchura do vial, dificulta a circulación simultánea de dous vehículos en sentidos opostos. As obras, amais de solucionar esa situación, mellorán a seguridade viaria dos veciños e veciñas que circulan a pe pola estrada. A obra está financiada con cargo ao remanente e conta cun orzamento de 116.000 euros cun prazo de execución de tres meses.