A Deputación remodelará o aparcadoiro de Chapela, tal e como comprometera Digna Rivas

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar que este próximo venres, en Xunta de Goberno, procederá a aprobación do proxecto de remodelación do aparcadoiro anexo á Alameda de Chapela, obras incluídas para o Concello de Redondela na Liña 1 do Plan Concellos 2018, e que contarán coa financiación da institución provincial por importe de máis de 60.327 euros. Cúmprese así o compromiso da deputada Digna Rivas coa veciñanza de Chapela "a pesar que Goberno municipal tramitara a solicitude a finais de marzo, nos últimos días de prazo" aunta a Deputación.

A pesares de que a administración provincial dispoñía dun prazo de seis meses para facer a tramitación administrativa desta obra, o Goberno provincial sacará adiante o proxecto en menos da metade do tempo. O proxecto supón a retirada do parque infantil para poder ampliar o espazo de aparcamento na zona traseira da Alameda de Chapela. As obras tamén inclúen o asfaltado da explanada

A deputada Digna Rivas manifestou hoxe a súa satisfacción “polo compromiso cumprido por parte da Deputación” e engadiu que espera “que a Xunta de Galicia tamén adquira as súas responsabilidades con Redondela en cuestións da súa competencia como o patio cuberto do CEIP de Santa Mariña; a gardería pública en Chapela, o Centro de día en Chapela, ou a ampliación e melloras do porto de Cesantes”.

Ase mesmo, lembrou que este ano, ao través do vixente Plan Concellos, o Goberno da Deputación ten a disposición de Redondela, máis de 2 millóns de euros, un 72,85% máis que en 2017, “e que nestes últimos tres anos, lévanse investidos preto de 6 millóns, a maior inversión feita neste concello por parte da institución provincial”