Redondela acolle un concerto de solidariedade coa ONG Égueire de Costa de Marfil

O vindeiro domingo día 8, a partir de primeiras horas da tarde, Redondela encherase dos sons e a cor inigualable de Costa de Marfil, nunha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer tanto ese país situado no Golfo de Guinea, como o traballo que realiza a ONG Égueire que, con base na Coruña, traballa dende hai anos na concienciación e obtención de axudas para realizar proxectos de desenvolvemento nese país africano.

Así, ás 22 h oras, no escenario da praza de Casa dá Torre, terá lugar un celebrarase un concerto a cargo da Coral de Saint Luc de Banabakintu.

Todos aqueles que sintan predilección polos ritmos africanos e os que queiran coñecer un pouco máis de preto tanto á ONG como o seu traballo, esta é, sen dúbida, unha boa ocasión de facelo. Non hai máis que achegarse o domingo a Redondela e deixarse levar pola música e cancións da  Coral de Saint Luc de Banabakintu.