A Praia de Cesantes acolle, esta fin de semana, a «I Xuntanza Kitesurf»

O concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, Julio Mougán, cos organizadores desta primeira Xuntanza Kitesurf, na presentación do evento na Casa do Concello O concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, Julio Mougán, cos organizadores desta primeira Xuntanza Kitesurf, na presentación do evento na Casa do Concello

O Concello de Redondela e o Tmkite Club organizan, esta fin de semana, a que será a «I Xuntanza Kitesurf», unha xornada de convivencia e de coñecemento do Kitesurf (surf que se realiza coa axuda dun paracaídas), tanto para participantes como espectadores que se acheguen á praia, no fantástico entorno que, para a práctica de deportes acuáticos, ofrece Cesantes coa ensenada de San Simón.

No evento se desenvolverán diferentes actividades didácticas e educativas orientadas ao deporte do Kitesurf, amais de outras relacionadas con deportes como o Paddle Surf e Kayak. A inscrición para participar en calquera das iniciativas, é totalmente gratuíta e pode formalizarse no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Ao longo da fin de semana, tamén haberá varias probas de navegación e exhibición de toda a espectacularidad que ofrece o kitesurf realizadas por profesionales deste deporte. Os interesados e interesadas poderán consultar a persoal do club, todo o que lles interese sobre esta disciplina deportiva, espectacular e tremendamente atractiva.