Redondela abre o prazo para as solicitudes de material escolar de educación infantil

Dende o 2 de xullo ata o día 20 permanecerá aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2018-2019 de educación infantil. O Concello de Redondela destina a esta subvencións unha partida de 8,500 euros sendo as axudas que se perciban por esta orde de subvención compatibles coas que se obteñan de calquera outra administración.

Para determinar o cumprimento dos requisitos haberá que ter en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2017 e a renda per capita do exercicio fiscal 2017. As bases pódense consultar nesta ligazón.