I Forum Transfronterizo

O BNG, leva ao Parlamento o impacto acústico no Viaducto a Pontevedra

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará, co portavoz municipal da formación nacionalista en Redondela, Xoán Carlos González O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará, co portavoz municipal da formación nacionalista en Redondela, Xoán Carlos González

Dende hai un ano o ADIF (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), acometeu as obras de mantemento do Viaducto a Pontevedra ou «dos Carballos», en funcionamento dende o ano 1884. As obras están auspiciadas pola Autoridade Portuaria de Marín, cunha inversión de 2'5 millóns de euros, unha actuación sobra a que o BNG xa chamaba a atención no 2017 ao sinalar que “que non recollía unha mellora do impacto acústico que sobre os veciños e veciñas, e as vivendas colindantes deste Viaducto, estase a sufrir a cotío”.

Os nacionalistas de Redondela, que ademáis cuestionábase parte das obras e o seu resultado final, lembran que este mantemento afecta a toda a infraestructura, cuxo “principal obxectivo constitúeno a renovación de elementos que permitan o paso de trens de mercadorías de ata 22'5 toneladas por eixo”. Deste xeito, preténdese reforzar unha infraestructura que permita o paso de convois de mercadorías de maior volume, «de aí que sexa un ente comercial quen paga as obras».
O edil nacionalista, Xoán Carlos González desdí o afirmado Concello de Redondela no sentido de que "se trata dunha inversión para Redondela". Para o portavoz nacionalista no concello redondelán, “trátase simplemente de mellorar a competitividade da Autoridade Portuaria de Marín, o que levará a que por esta vía circulen trens de mercadoría de maior volume. As previsións son que este tráfico aumente nos vindeiros anos, co que as inversións primarán a rendabilidade económica, sen ter en conta o impacto social”.

Por estes motivos nun encontro mantido co deputado Luís Bará trasladoulle unha xeira de iniciativas para que o Parlamento Galego presione ao ADIF. “ Temos que ser novamente dende o BNG quen asumamos a responsabilidade ante a inacción do alcalde de Redondela. Co acordo parlamentario preténdese que se cre unha partida orzamentaria para estudiar o impacto acústico acometendo as obras necesarias para reducilo e mesmo abrir unha liña de subvencións para insonorización daquelas vivendas que o requiran”, xustifica o concelleiro nacionalista.