I Forum Transfronterizo

Comerá o bebé? contacontos para os máis pequerrechos na Biblioteca de Chapela

O mércores 13, ás 18:00 h, a Biblioteca de Chapela acolle un contacontos dirixido especialmente aos máis pequerrechos e no que, da man de Cris de Caldas e Xabi do Camiño, combínanse a narración e a música. «Comerá o bebé?» é a dúbida que fai de fío condutor desta actividade de animación á lectura. Igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a comida, na actividade utilízanse os contos e a música para chegar ao seu obxectivo.

Cris de Caldas e Xabi do Camiño levan percorrida toda Galicia cos seus contos e músicas, nun xeito de narracións musicadas, cheas de rimas, arrolos, sons e murmurios que farán as delicias dos escoitantes de contos máis novos e esixentes. A actividade é de balde, pero precísase inscrición para participar, dado que as prazas son limitadas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na biblioteca de Chapela, en horario de 16 h a 21 h de luns a venres; por teléfono no 986 454 226, no mesmo horario ou tamén por correo electrónico no enderezo : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A actividade forma parte do programa «Ler conta moito» desenvolvido pola Rede de Bibliotecas de Galicia.