I Forum Transfronterizo

Choco de Redondela e Estudiantil da Estrada, final da Copa Deputación de fútbol

O Choco impúxose no último partido ao tamén redondelán Atlético Villar O Choco impúxose no último partido ao tamén redondelán Atlético Villar

O Club Deportivo Choco de Redondela e o Agrupación Estudiantil Club de Fútbol de A Estrada son os dous equipos que disputarán a final da Copa Deputación de Fútbol masculino, logo de ser quen de gañar nas rondas clasificatorias da zona Sur e da zona Norte. Os redondeláns tentarán buscar a que sería a súa cuarta Copa Deputación consecutiva. 

A Copa Deputación de Fútbol deste ano contou coa participación de 113 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, é dicir, 6 más que na edición de 2017.

Na zona Norte participaron 61 equipos, 2 de Terceira División, 8 de Preferente, 11 de Primeira Autonómica, 18 de Segunda Autonómica e 22 de Terceira Autonómica. Na zona Sur foron 52 equipos os que participaron na Copa. Máis polo miúdo xogaron 2 equipos de Terceira División, 7 de Preferente, 6 de Primeira Autonómica, 13 de Segunda Autonómica e 24 de Terceira Autonómica.

O Choco xogou o último partido contra o Atlético Villar nun derbi redondelán que o final acabou 2-0 a favor do equipo de terceira rexional fronte un Villar que milita en segunda autonómica. Agora o Choco terá que defender o seu posto despois de acadar as tres últimas edicións Copas Deputación.

Na zona Norte, tamén nun duelo local o Estudiantil venceu os penaltis ao Estradense, tras os noventa minutos sen goles.