I Forum Transfronterizo

O BNG redondelán asegura que “a negociación do remanente paraliza actuacións relevantes nas parroquias”

O portavoz do BNG no Concello de Redoncela, Xoán Carlos González, fixo hoxe referencia á negociación para o investimento de 1,6 millóns de euros do remante do ano 2017 para sinalar que o Goberno local "sacou adiante propostas que non respostan ás verdadeiras necesidades en moitas parroquias". Segundo o concelleiro nacionalista, a partida que se levou a debate, “debería permitir a realización de inversións e infraestructuras de calado”.

Pola contra, sinala Xoán Carlos González, proxectos como a ampliación da ponte sobre a vía férrea en Casaldomonte (Saxamonde), “atópase paralizado pois os cartos para adquirir terreos lindantes á propia ponte necesarios para a obra, destináronse a outras partidas. Manténse intacta a partida da Deputación mais a correspondente ao Concello, desapareceu”.

Caso aparte, sinala o edil do BNG, consitúeo o a renovación do Campo da Gándara que se vai realizar en dúas fases, "cando xa se podería ter feito cunha única actuación" o que segundo o BNG amosa que o Goberno local "nunca tivo interese en reformalo", xa que o acordo coa Comunidade de Montes, sinala o voceiro nacionalista, "é de hai un mes, cando as demandas veñen de hai anos, e mesmo gastaron unha partida de 100.000 euros consignados para este fin”.

Afirma González que infraestructuras que xa teñen financiamento vía fondos europeos, "inclúense agora co remanente do Concello, únicamente por interese partidista" mentres que, pola contra, actuacións que si deberían financiarse con estes cartos, "non se van executar”. Destaca, segundo o BNG, a "inversión cero en saneamento", do total 1.600.000 €, cando é "unha das principais demandas das parroquias”.

Remata o edil do BNG, afirmando que durante a negociación desta partida, "primáronse os intereses partidistas sobre os da veciñanza" motivo polo que o BNG non apoiou a proposta de reparto destes fondos "que saíu finalmente adiante grazas aos votos de AER e o Partido Popular", conclúe Xoán Carlos González.