AER pide a Augas de Galicia a paralización das obras da senda do Maceiras

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de pedir a Augas de Galicia, a paralización das obras que se realizan na Senda do Maceiras ao incumprir unha das condicións da autorización na que sinalaba que "os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, durante o período de reprodución e cría da fauna da foresta”. AER tamén solicitou dita paralización ao Concello de Redondela vía Rexistro "que aínda non doi contestada formalmente polo Concello", asegura a formación independente.

Discrepa a Agrupación de Electores da lectura que fai o Concello ao afirmar que "os técnicos de Augas de Galicia avalan o cumprimento da condición mencionada ao non afectar as obras a canle do río" cando, segundo AER, na autorización "non se fala en ningún momento de que estas condicións sexan só para a canle do río, en todo momento faise referencia á senda no seu conxunto". Achega AER, ademáis, a definición de foresta segundo o diccionario da Real Academia da Lingua Galega que a cualifica como ”Grande extensión de terreo, poboada de maneira natural por unha mesta vexetación arbórea”, polo que entenden que a condición anterioremente expresada "non se refire en exclusiva ao río".

senda maceira pedras

Logo da visita realizada por AER á zona das obras, aseguran atopar "varias actuacións que non se corresponden co proxecto do paseo", polo optaron polo envío dun escrito a Augas de Galicia. Amais do expresado anteriormente sobre "a época de reprodución e cría da fauna da foresta", a Agrupación de Electores asegura que detectou "a construción dunha escollera a maiores das seis contempladas no proxecto" e que a mampostería utilizada para a súa construción "na súa maioría non corresponde coa especificada no proxecto, ou sexa "de pedra tipo silvestre".

AER asegura que no proxecto de actuacións autorizado indicase no seu apartado 5.2. expresamente que “os muros de contención ... serán realizados en pedra tosca, irregular, sen barrenos”, polo que os muros elaborados no río Maceiras non corresponden co proxectado.

senda maceira muros barrena

Amais de pedir a pralización "inmediata da obra ata o mes de xullo", AER pide a restitución "á situación natural previa da escollera construída non contemplada no proxecto de actuacións autorizado" e ao "levantamento dos muros de contención construídos cun tipo de pedra non autorizada e con barrenos ao longo das súas caras visibles".