Redondela reforza a súa aposta pola reciclaxe

O Concello de Redondela, na súa aposta por formentar a reciclaxe e a través da empresa concesionaria, está procedendo nestes días a rotular os contenedores de reciclado para que, a veciños e veciñas, lles sexa máis doado saber que cousas se deben e non deben depositar en cada un deles. Para facelos mais chamativos escolleuse unha animación coa «Coca Simona» a mascota de Redondela.

Búscase con esta medida, segundo explica o Concello redondelán, "potenciar e concienciar da necesidade de reciclar". A reciclaxe, sinalan dende o Concello, cobra máis importancia se cabe "nestes meses de xuño e xulllo nos que se premiará a un colectivo ou causa social da localidade se se consegue superar un 10 % o reciclado de envases respecto aos mesmos meses do ano 2017".

Doutra banda, tamén mellorouse a recollida de pilas "incorporando eses contenedor ao de vidro co que se evita a ocupación de espazo como cos anteriores contenedores", conclúen dende o Concello.