Exposición sobre María Victoria Moreno no multiúsos da Xunqueira

O Multiusos da Xunqueira, en Redondela, acolle durante esta semana unha interesante exposición dedicada a María Victoria Moreno, escritora a quen, neste 2018, dedícase o Día das Letras Galegas. A exposición estará no Multiúsos ata o día 11 de maio para, posteriormente, rotar polos institutos de Redondela e rematar en Chapela co obxectivo de dar a coñecer a figura desta escritora entre o alumnado redondelán.