Ponteareas, un paso adiante

O pasado martes 2 de febreiro, una concelleira socialista, Chus Garrote, conseguiu que se aprobara en Ponteareas o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Tiveron que pasar case 14 años para que o Concello de Ponteareas puidera contar coa ferramenta mais importante de planeamento e de progreso para os vindeiros 20 anos.

Compre lembrar que o PXOM de Ponteareas foi suspendido pola Xunta de Galicia de Fraga no ano 2002, ante a desfeita urbanística e a concesión de múltiples licencias ilegais por parte do goberno municipal de Nava Castro. Como consecuencia paralizouse a actividade económica de Ponteareas, da que seguimos a sufrir as consecuencias no comercio, na hostalería e no emprego. Por non dispoñer dun solo metro de solo industrial, non se puido desenvolver un tecido empresarial capaz de relevar ó sector da construción.

Dende o ano 2004 ate o 2015, houbo ininterrompidamente gobernos do PP, en solitario ou en coalición con ACIP, que foron incapaces de aprobar un novo PXOM e dotar a Ponteareas da ferramenta necesaria para saír da situación de parálise e de perda de oportunidades, e de retroceso económico e social. Desta debilidade, beneficiáronse concellos limítrofes como Salvaterra ou Salceda que aproveitaron a oportunidade para medrar, xa que podían ofrecer o desenvolvemento e a seguridade xurídica que en Ponteareas non era posible. Os sucesivos gobernos do PP e ACIP deron mostras dunha gran irresponsabilidade e dunha gran incompetencia na xestión municipal.

En xuño de 2015 o PSOE chegou ó Goberno municipal tras acadar un pacto con BNG e Riada e o apoio de EU. A concelleira Chus Garrote fíxose cargo da concellería de Urbanismo e en 7 meses fixo o que en 12 anos non foran capaces PP e ACIP, aprobar o PXOM. Xa sei que dirán que gran parte do traballo estaba feito, ou que é un logro de toda a corporación , pero eu lles digo que a vontade política e a determinación da concelleira socialista foron claves para a súa aprobación. Un actitude totalmente contraria á amosada polos gobernos anteriores.

A vontade e determinación de Chus garrote esta en coherencia co traballo realizado polo PSOE nos últimos anos

A vontade e determinación de Chus garrote esta en coherencia co traballo realizado polo PSOE nos últimos anos. Sempre defendemos a necesidade do plan de urbanismo como esencial para a prosperidade de Ponteareas e o benestar das veciñas e veciños do noso concello. Así demos o voto afirmativo á aprobación inicial pensando solo no interés colectivo e no ben común. Non nos importaron as críticas doutros partidos nin fixemos “teatro” buscado unha rendibilidade electoral. Dixemos e fixemos o mesmo, dende o goberno que dende a oposición.

Incomprensible sin embargo é o comportamento dos concelleiros de ACIP e de Riada. O concelleiro de Riada, agora Marea, forma parte do Goberno, con un pacto asinado onde a aprobación do PXOM aparece como prioridade absoluta. Chegado o momento decide absterse e non apoiar o documento que presenta o Goberno do que forma parte. Non se coñece ningún reparo ou proposta que xustificara tal abstención, dando mostra dunha total incoherencia e irresponsabilidade, e unha total falta de seriedade cos compromisos adquiridos.

Mais ala de polémicas políticas, a aprobación do PXOM vai supoñer un gran paso adiante para Ponteareas, para o seu desenvolvemento urbanístico, pero tamén para o progreso económico, social, educativo, medioambiental, etc.
Hai algunhas cousas de carácter práctico que van quedar solucionadas de inmediato. Por poñer algúns exemplos:
Moitos veciños xa non van ter que seguir pagando o recibo da contribución (IBI) por terreos nos que non se poida edificar.

Homes e mulleres, familias que compraran a súa vivenda de boa fe e que despois descubriron que estaba en situación de ilegalidade, agora verán recoñecidos os seus dereitos.

Moitos establecementos comerciais e negocios ós que non se lles podía dar licenza de actividade, estando por tanto nunha situación irregular, agora xa poderán ter a súa licenza coa seguridade xurídica que isto aporta, tanto ós comerciantes coma ós propietarios de locais, garantindo unha competencia en igualdade de condicións, ademais de ser unha nova fonte ingresos para o Concello.

Dende o PSOE sentímonos orgullosos do traballo feito pola nosa concelleira Chus Garrote e sentímonos satisfeitos por ter dado solución ó problema mais importante do noso concello. Aínda que a satisfacción non será total ate a aprobación do Parque Empresarial de A Lomba, outro compromiso socialista, absolutamente necesario para economía e a creación de emprego e Ponteareas.

*Delfín Domínguez Cerdeira é Secretario Xeral do PSOE de Ponteareas