Todo preparado para unha nova edición de “Rock in Río Tea”

A terceira edición do Festival “Rock in Río Tea” foi presentada o xoves, 11 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas nun acto que contou coa presenza de varios membros da Asociación Falcón, organizadora do Festival, do alcalde ponteareán, Salvador González Solla, e do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro.

Ponteareas reparte 60.000 euros en subvencións a entidades deportivas

O Concello de Ponteareas vén de conceder as subvencións a clubes e entidades deportivas do municipio por un importe total de 60.000 euros. Nun acto que tivo lugar este mércores 10 de xuño no Salón de Plenos da Casa do Concello, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, o alcalde ponteareán, Salvador González Solla, e primeira tenente de alcalde, Belén Villar, fixeron entrega dunha resolución a cada unha das entidades na que se especifica a cantidade que percibirá cada unha delas nos vindeiros días.

Sexta edición do Open Tenis Vila do Corpus

O Club Tenis Ponteareas, en colaboración coa Concellería de Deportes do municipio, organiza a sexta edición do Open Vila do Corpus, que este ano se celebrará entre os días 20 de xuño e 5 de xullo nas dúas pistas de tenis da área recreativa da Freixa e na pista de tenis do Complexo Deportivo Álvaro Pino.

BNG, PSOE e RIADA pechan o acordo para un goberno de progreso

Nin houbo sorpresas, nin se quixo deixar todo para o último dia evitando, dese xeito, a sensación de improvisación que poderían dar acordos tomados horas antes da sesión de investidura do sábado 13 de xuño. BNG, PSOE e Riada do Tea pecharon hoxe un acordo sobre o programa a desenvolver nos vindeiros catro anos.

Suscribirse a este canal RSS