Salvaterra contará coa primeira 'piscina ecolóxica' de Galicia

O Concello de Salvaterra de Miño instalará unha 'piscina ecolóxica' de dimensións olímpicas, de 50 por 25 metros, no río Miño, o que, segundo sinala o Concello, "supón aproximadamente 1.250 metros cadrados de área habilitada para o baño". É, afirman, "a primeira piscina ecolóxica en Galicia, con auga natural, non tratada como en piscinas convencionais que poden producir intolerancias nos bañistas".

Mondariz Balneario acolle un encontro de altos directivos galegos

Balneario de Mondariz acolleu un novo encontro de altos directivos galegos organizado polo ie business school. Baixo o título 'Futuro do traballo...traballo do futuro' este workshop convocou a un total de 60 directivos das empresas máis destacadas das catro provincias galegas. Durante a xornada abordouse o impacto do cambio tecnolóxico nas facetas profesionais e persoais. I

O PP denuncia o "abandono" en que se atopa a 'Fonte do Baratillo'

A colisión dun vehículo cunha das fontes máis emblemáticas de Ponteareas, a 'Fonte do Baratillo' provocou o desprazamento da varanta perimetral de granito. Os populares, a través da súa portavoz e candidata a alcaldía, Belén Villar, veñen de pedir ao Goberno local a súa urxente reparación, mentres que, fontes do Concello, sinalan que "se está á espera do correspondente permiso de Patrimonio" ao tratarse dun ben inventariado como Ben do Patrimonio Cultural de Ponteareas.

Ponteareas esixe a Fomento unha partida plurianual de 21 millóns de euros

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde Chus Garrote veñen de esixir ao Ministerio de Fomento que se contemple nos orzamentos do Estado unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a variante ou circunvalación "tal e como estaba prevista e os seis millóns para a mellora da seguridade viaria da N-120".

Chus Garrote: "A Xunta está empeorando a seguridade na PO-254"

A tenente de alcalde do Concello de Ponteareas e candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE, Chus Garrote cualificou de "chapuza" e improvisación as actuacións que a Xunta de Galicia está a desenvolver na PO-254, un pintato "que só ten un fin meramente electoral", asegura Garrote que considera que "xiste unha falta de planificación por parte da administración autonómica".

O PP denuncia que os orzamento do estado "deixan na estacada" a Ponteareas

Nunha rolda de prensa celebrada hoxe en Ponteareas, o deputado pontevedrés, Tomás Fole, e a presidenta e candidata popular denunciaron o “ tijeretazo que o PSOE acaba de dar a Ponteareas nos orzamentos”. Tomás Fole lamentou que “o interese de Pedro Sánchez por manterse na Moncloa está a prexudicar a todos os españois e de forma especial aos galegos.

Suscribirse a este canal RSS