Semana Cultural en Fiolledo, Salvaterra, do 10 ó 14 de xulio

Un ano máis a Ascociación Cultural FIOYE2 organiza a Semana Cultural en Fiolledo (Salvaterra de Miño), do 10 ó 14 de xulio en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño. A programación deste ano arranca o luns, día 10 ás 21 horas co Grupo de Teatro Infantil Garabullada de Randufe, que porá en escea a obra:"Vaya lata de Pirata". O martes, día 11 ás 17 horas chegará o turno de "Festa da auga" e omércores, día 12, ás 21 horas "Coliño bailongo". 

Ese mesmo día, ás 21,30 horas está programado un concerto da "Banda Infantil e Xuvenil de Salvaterra de Miño" e as 22,30  as Pandereteiras "As lucernas" e "Os Gaiteiros do Ferrón" de Fiolledo subirán a escea. O xoves día 13 as 21:30 h. Os grupos infantís "miñeir@" da Asociación Cultural Pontenova, e as 22:30 h. O grupo de Teatro "Seliña" de Arbo coa comedia "Historias paraLELAS"
Para rematar,  o venres día 14 as 17 h. "Xogos Populares" con agasallos e a partires das 21 horas. "Festival dos cativos" na Casa de Cultura