Os campamentos de verán de Salvaterra amosan ós cativos a reciclaxe

os cativos que participan no campamento muncipal aprenderán os fundamentos da reciclaxe de lixo. os cativos que participan no campamento muncipal aprenderán os fundamentos da reciclaxe de lixo.

A Consellería de Medio ambiente  e Sogama, organizan en colaboración co Sistema Integrado de Xestión de envases lixeiros e o Concello de Salvaterra de Miño, o vindeiro luns actividades de concienciación no municipio, a través de dúas actividades. Coincidindo co inicio dos campamentos de Verán que organiza o Concello para os máis cativos, levaranse a cabo diversas actividades lúdico – formativas en materia de recollida selectiva e reciclaxe de residuos entre os máis de 60 nenos e nenas que participan na primeira quincena dos campamentos gratuítos do Parque Público A Canuda.

E por outro, teremos unha aula móbil informativa ao pe de rúa, atendida por educadores medioambientais que tratarán de fomentar entre a poboación a recollida selectiva e reciclaxe de residuos na Praza do Concello de 12.00 a 15.00h, así que xa sabes, esperámoste!!!!