A Asciación Lazoiro de Salvaterra organiza unha Xornada de Astronomía

A Asociacón Lazoiro desenvolverá, mañá venres, 10 de agosto, unha interesante xornada de astronomía, a partir das 22:00 h, no monte Garradiña de Salvaterra de Miño, ao carón do depósito de augas do Concello. No lugar no que se fai a actividade, "hai sitio dabondo para aparcar, trátase dunha pista asfaltada". A actividade, impartida por Carlos Venade, terá un prazo simbólico de 2 euros e, interesados e interesadas, poden anoratarse por WhatsApp no número 667 007 051.

Lazoiro recomenda levar, para esta actividade, roupa cómoda e deportiva, ademais de roupa de abrigo, podendo levar mantas. A subida estará sinalizada para facilitar o acceso. En todo caso, recoméndase seguir o camiño habitual para o Monte Castelo e logo coller as indicacións para o lugar de observación. Nesta ligazón atoparedes a ubicación exacta da actividade.