Salvaterra de Miño

Tres praias fluviais de Salvaterra entrarán no censo das zonas de baño de Galicia

A petición realizada pola Asociación «Lazoiro» de Salvaterra de Miño á Consellería de Sanidade, requirindo a inclusión de tres praias fluviais do municipio no Censo de Praias Fluviais de Galicia, vén de obter unha resposta favorable por parte da administración autonómica. As praias de Abelán en Fornelos, Bocal en Oleiros e Muíños en Salvaterra, pasarán a formar parte de dito censo e, por tanto, coñecer o estado sanitario da auga en todo momento.

  • 0

Salvaterra de Miño conmemora, o xoves, o seu «milenario»

O Concello de Salvaterra de Miño vén de organizar unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos, de cara a implicalos nos actos conmemorativos da celebración dos máis de mil anos de historia da vila fronteiriza que se desenvolveráno vindeiro xoves, 24 de maio, festivo local. O primeiro documento escrito que fai referencia a Salvaterra de Miño está datado no ano 991, o que converte á vila nunha auténtica Vila Milenaria.

  • 0

O PSOE de Salvaterra reunirase coa veciñanza de Pesqueiras e Fornelos

O grupo municipal socialista de Salvaterra de Miño continúa coa súa rolda de visita polas parroquias de Salvaterra "nunha aposta polo contacto directo cos veciños e veciñas", asegura a súa portavoz, Rocío Bernárdez. Dentro desa liña, o vindeiro venres, 25 de maio, reuniranse cos veciños e veciñas de Pesqueiras, no Teleclub ás 21 horas e o sábado 26 de maio, á mesma hora, o farán coa veciñanza de Fornelos no Teleclub da parroquia.

  • 0

Lucía Rodríguez, campioa de España en Dobres Mixtos e subcampioa en Individual.

A salvaterrense Lucía Rodríguez, do Club Bádminton As Neves, proclamouse campioa de España na modalidade de Dobres Mixtos xunto ao vigués Jacobo Fernández (Club do Mar San Amaro, A Coruña), no Campionato de España sub15 de Bádminton celebrado no municipio cacereño de Villanueva de la Vera. O mérito de Lucía e Jacobo é aínda maior se se ten en conta que é a primeira tempada que compiten xuntos.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS