ponteareas

Ponteareas

A FANPO pide que non se cambien os libros de texto no vindeiro curso

A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Públicos das Comarcas Condado-Paradanta e Louriña (FANPO), subscribiu o escrito que a Federación de ANPAS de Galicia, á que pertence, remitiu á Consellería de Educación para evitar que neste vindeiro curso escolar se cambien los libros de texto, co custe que iso suporía para as xa maltreitas economías familiares.

"Para o PSOE non hai mais opcións que un goberno de progreso"

O PSOE de Ponteareas, a través do seu secretario xeral, Delfín Domínguez Cerdeira, asegurou que logo dos resultados do pasado domingo e tralo claro pronunciamento dos cidadáns, o PsdeGPSOE “non contempla outra opción que non sexa a formación dun goberno de progreso”, co que despexa calquera dúbida posible sobre o posicionamento dos socialistas ponteareáns ante posibles pactos.

Karmelo Bizkarra impartirá unha conferencia sobre saúde en Ponteareas

O vindeiro xoves, día 28 de maio, terá lugar unha conferencia sobre saúde no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo impartida polo doutor Karmelo Bizkarra. O acto comezará ás 20:30 horas e leva por título “As cinco claves da saúde”. Cinco apartados fundamentais que para o doutor Bizkarra son a nutrición, o contacto coa natureza, a respiración, o exercicio físico e a expresión emocional.

A folga de recollida de lixo planea sobre Ponteareas

Os traballadores e traballadoras de FCC Ponteareas, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, comezarán unha folga indefinida o día 1 de xuño se antes non se acada unha solución que remate coa súa precariedade laboral que, nestes momentos, os ten con salarios de 700 euros mensuais e dous días de descanso ao mes.

Suscribirse a este canal RSS