O BNG valora os resultados do 24M e fixa a folla de ruta
Tralas eleccións do día 24, e unha vez serenados os ánimos e rematadas as lóxicas celebracións, o candidato á alcaldía polo BNG, Xosé Represas, mantén arestora unha reunión co Consello Local dos nacionalistas para facer unha valoración máis polo miúdo dos resultados acadados e, ao mesmo tempo, fixar a folla de ruta para os vindeiros días.