ponteareas

Ribadetea celebra, o 22 de abril, a XIV Festa da Tortilla

A parroquia ponteareá de Ribadetea acollerá, o vindeiro día 22 de abril, a partir das 10:30 horas, tradicional Festa da Tortilla que, logo de catorce anos, e xá unha festa plenamente consolidada e que forma parte, por méritos propios, das citas gastronómicas a ter en conta no sur de Pontevedra.

Os veciños e veciñas que desexen participar no Concurso de Tortillas ─cada vez con maior número de participantes─ terán para entregar as súas «creacións» entre as 10:30 horas e 12:30 horas no Centro Cultural de Ribadetea, onde se celebra a festa.

A Asociación de Veciños de Ribadetea, organizadora da Festa, entregará un total de catro premios aos e ás participantes: 200 euros e un agasallo á Mellor Tortilla; 100 euros e agasallo á tortilla que quede no segundo lugar e 50 euros e agasallo á terceira clasificada. Amais ten tamén establecido un premio de 50 euros máis agasallo á tortilla máis elaborada e/ou orixinal.

Para que nada falte, a festa estará amenizada pola actuación do grupo Naiama. A Festa da Tortilla de Ribadetea, organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas, conta coa colaboración do Concello de Ponteareas.