ponteareas

Investigada por cuadriplicar a taxa de alcohol permitida

A Policía Local de Ponteareas que dirixe a concelleira socialista, Vanesa Fernández Soage, tramitou dilixencias ao xulgado a unha condutora, en calidade de investigada, por un delito contra a seguridade viaria por conducir cunha taxa de alcohol superior a 0,60 ml. Os feitos ocurriron cando unha patrulla da Policía Local observou como a condutora dun vehiculo que circulaba pola rúa Real estaba facendo uso do teléfono móbil de xeito manual.

A patrulla tratou de detener o vehículo utilizando as sinais luminosas do coche policial para, así, poder identificar á condutora e tramitar a correspondente denuncia. A pesar dos sinais luminosos efectuados pola Policía Local, a condutora fixo caso omiso ás mesmas e mesmo estivo a piques de colisionar con outro vehiculo que cirtulaba na rotonda, polo que os axentes utilizaron tamén os sinais acústicos conseguindo que se detivera pasados uns minutos.

Cando os axentes proceden a identificar a condutora observan que esta baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que proceden a realizar a proba reglamentaria dando un resultado de 1,46mg/l de alcohol por aire espirado polo que se instruiron as correspondentes dilixencias para xuizo rápido no xulgado de Ponteareas.

Dende a Concelleria de Seguridade Cidadá e Mobilidade que dirixe Vanesa Fernández Soage, séguense a facer campañas de «alcohol cero» co ánimo de mentalizar aos condutores do perigo e da irresponsabilidade que supón conducir despois de ter inxerido bebidas alcoholicas. No que vai de ano xa son máis de seis os atestados instruidos ao xulgado por un suposto delito contra a seguridade viaria por inxesta de alcohol cunha tasa superior a 0,60 ml, ademáis de sancións administrativas por tasas superiores a 0,25ml.

Esta nova denuncia vense a sumar á da semana pasada na que a Policía Local tramitou dilixencias ao xulgado a un condutor, en calidade de investigado, por un delito contra a seguridade viaria por conducir cunha taxa de alcohol superior a 0,60 ml. Neste caso a patrulla da Policía Local ponteareá observou que un vehículo saída un aparcamento "facendo manobras de xeito irregular" polo que procederon a darlle o alto. Os axentes observaron que o condutor tiña síntomas de estar baixo as influenzas de bebidas alcohólicas polo que se lle realizan as probas correspondentes que ofreceron un resultado cunha cantidade superior a 0,90 ml, polo que se instruiron as dilixencias oportunas para xuizo rápido no xulgado de Ponteareas.