I Forum Transfronterizo

ponteareas

A Cruz Vermella de Ponteareas organiza o seu tradicional Campamento Urbano de Semana Santa

Un dos xogos desenvolvidos en anteriores edicións do Campamento Urbano de Semana Santa da Cruz Vermella de Ponteareas Un dos xogos desenvolvidos en anteriores edicións do Campamento Urbano de Semana Santa da Cruz Vermella de Ponteareas

O próximo 26 de marzo dará comezo unha nova edición do Campamento Urbano que a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado vén de organizar para máis de 30 nenos e nenas do municipio. Ao longo de tres días, 26, 27 e 28 de marzo en horario de 10:30 h a 13:30 h e de 16:30 a 18:30 h, rapaces e rapazas participarán en multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de sendeirismo, o gran xogo, manualidades e cancións.

Todas as actividades e xogos foron deseñadas por un equipo de dez voluntarios e voluntarias pertencentes á sección xuvenil da Cruz Vermella de Ponteareas e que, ao longo de todo ano, participan en diferentes iniciativas. Todas as actividades e xogos do campamento urbano foron planificadas para transportar aos nenos e nenas participantes a unha historia cargada de maxia, valores e aventuras. Entre os obxectivos que queremos alcanzar están a promoción do xogo como canle de ensino, favorecer as boas relacións interpersoais e valores como o respecto, a solidariedade e o compañeirismo. As actividades desenvolveranse de acordo co seguinte horario:

campamento urbano 2018 actividades

O campamento está dirixido a 30 nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos e, aínda de carácter gratuíto, para participar é necesaria a inscrición previa desde hoxe ata o día 22 de Marzo nas oficinas de Cruz Vermella en Ponteareas.

Esta actividade conta xa cunha gran tradición dentro da programación de lecer da Institución, atendendo desde o 2004 a máis de 500 nenos e nenas en anteriores edicións.

Para maior información e inscrición, interesados e interesadas poden dirixirse á Asemblea Comarcal Condado da Cruz Vermella Española, na rúa Oriente nº 8 (edificio do Centro Social, 1ª planta), ao teléfono 986 641 794 ou ao enderezo de correo electrónico ponteareas@cruzroja>