I Forum Transfronterizo

ponteareas

O Club Ciclista Ponteareas co Día Mundial do Síndrome de Down

Non é a primeira vez e non será a última. O Club Ciclista Ponteareas, ao igual que o fixo o pasado ano, conmemorará o Día Mundial do Síndrome de Down cunha actividades aberta a todos os nenos e nenas que queiran participar. O día 21 de marzo, a partir das 17 horas, a Praza Maior de Ponteareas encheráse de bicis, actividades e solidariedade.

Nada mellor para celebrar ese día e concienciar á xente da súa importancia, que unha serie de xogos de habilidade ciclista abertos a calquera neno e nena que queira participar. Amais, todos e todas as participantes recib irán un boleto para entrar, unha vez rematada a xornada, nun sorteo de agasallos que serán doados por David Seguros Bilbao que, como sinala o Club Ciclista Ponteareas "non dubidou nin por un instante en participar neste evento, ao igual que o fixo o pasado ano".

Así que o CC Ponteareas anima a todos e todas a participar nesta xornada deportiva e "chea de sentimento".