I Forum Transfronterizo

ponteareas

Máis de cen participantes no Campionato Galego Máster de Fondo de natación en Ponteareas

Máis de cen participantes de dezanove equipos déronse cita esta fin de semana na piscina municipal de Ponteareas para participar no Campionato Galego Máster de Fondo. Fran Cobelo, Marta Abreu, Verónica Varela e Cristina Calviño do Club Natación Ponteareas, conseguiron récords galegos na súa categoría nos 1.500 metros libres. Ademais, varios nadadores e nadadoras do club subiron ao caixón.

Finalmente o equipo feminino dp Club Natación Ponteareas fíxose co primeiro posto e o masculino no segundo. Na clasificación conxunta, o equipo de Ponteareas conseguíu o subcampionato. Á entrega final de trofeos acudíu o concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, que felicitou, unha vez máis, aos premiados.