ponteareas

ACiP denuncia ao alcalde de Ponteareas ante a Valedora do Pobo

Juan Carlos González Carrera vén de dar a coñecer a presentación dunha denuncia ante a Valedora do Pobo de Galicia, ante o que, o portavoz independente, cualifica de “incumprimento reiterado da leis de Réxime local e do ROF (Regulamento de Organización e funcionamento das Entidades Locais).

Esta situación vén de provocar, segundo González Carrera, que a oposición “poida exercer o seu traballo de fiscalización e control do Goberno”. González Carrera lembra que o ROF di claramente “que os concelleiros e concelleiras temos o dereito para acceder a cantos antecedentes, datos ou informacións resulten necesarios para o desenvolvemento da nosa función”. Segundo Juan Carlos González, por parte da Alcaldía “négasenos acceso a determinados expedientes que o Goberno non quere que vexamos”.

O descontrol no Concello é tal, afirma o portavoz de ACiP, “que escritos presentados polo noso grupo o 8 de setembro de 2017 son contestados polo Alcalde o 6 de Xaneiro de 2018” cando o artigo 14 do ROF di textualmente que “o Alcalde ten 5 días a contar desde a súa presentación para autorizar ou denegar devandito acceso”.

Esta situación provocou situacións tan estrañas como “ter que pedir o amparo da propia Secretaria Municipal, no seu momento e dentro das súas competencias, á hora de dar as instrucións aos funcionarios e funcionarias para dar acceso á documentación solicitada).

É curioso, afirma Juan Carlos González Carrera, que o alcalde “que no seu discurso de investidura falaba de transparencia dicindo que seria como ter portas de cristal” pasado o tempo, “preguntámonos como é posible que incumpra reiteradamente a lei impedindo que a oposición exerza os seus dereitos”.