ponteareas

EU Ponteareas levará ao Pleno a ampliación da actividade do CeMIT

Esquerda Unida de Ponteareas vén de presentar unha moción, para o seu debate plenario, na que pide que a actividade da Aula CeMIT do Concello de Ponteareas "e tendo en conta a demanda que ten por parte de alumnos e alumnas" mantéñase durante todo o ano.

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), tal e como explica EU na súa moción, ten como finalidade achegar e facilitar o uso das novas tecnoloxías ao conxunto da poboación. Ponteareas conta, dentro desta rede, con unha das chamadas Aulas de Referencia ao cumprir co requisito de rexistrar unha actividade superior ás 1.000 horas anuais. O feito de contar cun aula de referencia permítelle ao Concello acceder a unha subvención anual da Xunta de Galicia de 15.000 €.

A pesares disto, engade Esquerda Unida, polo menos no referente aos anos 2016 e 2017, "a aula non estivo operativa durante todo o ano e cesou na súa actividade en xaneiro de 2018". En previsión deste feito, o alumnado do CeMIT rexistrou en decembro de 2017 unha solicitude, asinada por corenta alumnos e alumnas, dirixida ao alcalde de Ponteareas de cara a que se mantivera operativo o servizo máis alá de ese mes, que era cando estaba previsto o fin dos cursos. "A pesares disto, a día de hoxe aínda non se iniciou ningún procedemento de contratación de profesorado para a realización de cursos", matiza EU.

Con referencia á posibilidade de manter operativa a aula con realización de cursos, hai que sinalar que durante os anos 2016 e 2017, o Concello non chegou a utilizar a totalidade da subvención. No ano 2016 empregáronse para o funcionamento da aula CeMIT, 12.246 € e no 2017, 10.814 €. Deste xeito perdéronse para o funcionamento da aula 2.753 € no ano 2016 e 4.186 € no ano 2017. Estes datos deixan e evidencia, asegura a formación, "por unha banda que a aula puido estar operativa durante máis tempo, e por outra, tendo en conta que os cursos aínda non comezaron no mes de febreiro de 2018, que esta situación vaise repetir".

Ademáis chama a atención que durante o ano 2017, dos 10.814 € empregados no desenvolvemento de cursos na aula CeMIT, 6.904 € foron adicados "á contratación de empresas externas en lugar de facelo á contratación directa de profesorado". Esquerda Unida considera que "non existe xustificación algunha para recorrer á contratación externa, encarecendo deste xeito o servizo, cando o Concello pode contratar directamente o profesorado para a aula".

En vista desta situación, Esquera Unida pedirá, no Pleno, "que se amplíe o período de funcionamento da aula e que se desbote a contratación de empresas privadas para o seu funcionamento".