ponteareas

Oito medallas de ouro para a Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas no Campionato Galego

A Asociación Deportiva Wudang vén de acadar oito Medallas de Ouro, nos campionatos galegos celebrados a pasada fin de semana no Pavillón dos Remedios en Ourense. No encontro o wushu de Ponteareas tamén acadou catro medallas de prata e tres de bronce; aumentando o número de medallas totais respecto á tempada do 2017 na que, en total, conseguiran oito fronte ás quince obtidas a pasada fin de semana.

O club sinala que seguirán a traballar "para e por Ponteareas no mapa deportivo de Galicia, de España e do mundo". Mentres que, pola súa banda, o concelleiro de deportes, o socialista Benito Márquez, salientaba a labor deste club "que ofrece novas disciplinas e unha práctica deportiva para distintas idades e categorías".

Nestes Camiponatos Galegos 2018, Xes Argüelles Presa acadou as medallas de ouro en Nanquan infantil masculino e Nandao infantil masculino. Gabriel Candal Veiga acadaba a medalla de prata en Nanquan infantil masculino. Yorel López Romero, gañaba a medalla de ouro en Changquan infantil masculino. Pola súa banda, Samuel Sánchez Gil, conseguía a medalla de prata en Nanquan cadete masculino mentres que Naim Codeseda Tielas, facía o mesmo (medalla de prata) en Changquan junior masculino.

Sergio Vázquez Alonso, acadaba dúas medallas de ouro, unha en Changquan junior masculino e outra en Daoshu junior masculino. Paula Sotelino Coro, gañaba a medalla de bronce en Daoshu sénior feminino mentres que Jacobo Mo Caeiro obtiña dúas medallas: bronce en Nanquan sénior masculino e prata en Nandao sénior masculino.

Maikel Cuña Bernárdez facíase coa medalla de bronce en Nandao senior masculino, mentres que pola súa banda, Lorenzo Rivera Trigo gañaba a medalla de ouro en Nangun sénior masculino. Finalmente, Belén Arjones Fernández, gañaba dúas medallas de ouro en Nanquan sénior feminino e Nandao sénior feminino.